SOBRE MÍ

INVESTIGADORA Y CREADORA DE LA MADRIGUERA DEL TEJO

La historia detrás de este proyecto

No corrían buenos tiempos para el alma. Aquel invierno de cien años había devastado todo ápice de ingenuidad. La fe se había esfumado, y en ese vacío un miedo atroz logró apagar todas las llamas de ilusión por el porvenir. Sin esperanza, con los cuervos sobrevolando mi cabeza, encontrar la luz dentro de aquel pozo fue lo que dio sentido a la caída.

En aquel lugar hostil, la Madriguera se convirtió en cobijo, en el refugio en el que hallé respuestas, y bajo el Tejo resurgió el propósito que dio sentido al caos de aquella existencia.

Lila es el escudo que sobrevivió al incendio. El hierro de sus huesos permaneció intacto, en silencio. La reconstrucción de la torre es un proceso lento, pero cobra todo su sentido cuando se comprende la historia que hay detrás de este proyecto.

Nacín na Galiza, arredor do ano 1880. Daquela, a vida e os seus ritmos pouco tiñan que ver cos de agora, pois eran as mareas as que marcaban os días e as estrelas as que guiaban, sen présa, os tempos.

Crecín nunha familia modesta, arraigada ao mar e á terra. Aprendín a ler e a escribir, e ese xesto, infrecuente para unha muller da miña época, outorgoume vantaxe sobre o taboleiro de xogo. Cursei estudos vinculados á beneficencia e ao desenvolvemento social, ao tempo que exploraba outras disciplinas como alimento para a miña alma. O que non atopei nas aulas busqueino nos libros, e de aí brotou a miña paixón pola historia. As crenzas que perfilan os pobos, así como as miñas propias, impulsáronme a investigar o comportamento humano e a súa relación coa contorna. E é esa incesante curiosidade a que me conduce á comprensión da simboloxía e a mitoloxía, campos de coñecemento nos que atopo a inspiración que atravesa o meu relato, a miña obra.

As mulleres da miña liñaxe son a fonte da que bebo. As miñas raíces son as que me anclan ao territorio onde repousan as lembranzas de quen me protexe, quen sabe se desde o ceo. Son a suma de moitas células, de moitos xenes. Son a certeza de que eu tamén formo parte do proceso.

Así é como me declaro investigadora de símbolos e saberes ancestrais con raíces na Gallaecia, á procura das pegadas que revelan a alma desta terra. Aquí deixo o meu proxecto, a miña herdanza, coa que agardo devolver parte do sentido ao caos da existencia.

Firma artística manuscrita de Lila Grouse, creadora del proyecto La Madriguera del Tejo